Comunicado do Goberno Municipal de Pontecesures ante as mortes por violencia de xénero no veciño Concello de Valga.
O Goberno Municipal de Pontecesures manifesta a súa repulsa máis enérxica ante o detestable caso de violencia de xénero no veciño Concello de Valga, que rematou coa vida de tres das súas veciñas.
A violencia de xénero é a manifestación máis terrible da desigualdade entre mulleres e homes, non respecta fronteiras, pobos, culturas nen niveis económicos. Baseada na situación de dominación por parte dos maltratadores a violencia de xénero supón unha lacra que debe ser erradicada co concurso de toda a sociedade, que deberá traballar coordinadamente para que as novas xeracións herden un entorno libre de toda violencia, en especial, do covarde e execrable asasinato de mulleres.
Dende este Goberno Municipal de Pontecesures queremos trasladar o pésame e as condolencias á familia e amizades da familia, así como a veciñanza do Concello de Valga.
Reiteramos a nosa axuda e solidariedade a todas as vítimas da violencia de xénero e poñemos a súa disposición todos os recursos do noso municipio.
0 comentarios