PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN “O CAMIÑO POR MAR” NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTECESURES (10, 11 E 12 DE OUTUBRO NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTECESURES).

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Exposición “O CAMIÑO POR MAR” sobre a viaxe do barco “NAOMH GOBNAIT”, a historia duns amigos que fixeron a travesía a remo entre IRLANDA e GALICIA. 10, 11 e 12 de outubro na Praza de Abastos de Pontecesures.

Presentación e apertura da exposición:

Xoves 10 de outubro ás 10.00 horas na Praza de Abastos.

Neste acto de presentación estarán presentes:

  • Juan Manuel Vidal Seage, Alcalde de Pontecesures.
  • Manuel Lara Coira, Presidente de BUXA (Asociación Galega do Patrimonio Industrial).
  • Anxo Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro e membro da Asociación Cultural DORNA DA ILLA DE AROUSA.
  • Raimundo Vázquez Iglesias, Concelleiro de Cultura de Pontecesures.

Cabe destacar que tamén se expoñerá unha embarcación tradicional dorna (de nome “Roxiña”), que foi cedida para este evento pola Asociación Cultural DORNA DA ILLA DE AROUSA.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.