ADXUDICACIÓN OBRAS CONCELLO DE PONTECESURES
A Xunta de Goberno Local ven de adxudicar as seguintes obras:
- “Fresado e Reasfaltado dun tramo da Rúa Carlos Maside”.
Consistente no fresado de 925 m2 para a posterior aplicación dunha capa de 6 cm de asfalto en quente.
A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por un importe de 19.344,60€ (15.987,27€ máis 3.357,33€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019
- “Reurbanización dun tramo da Rúa Porto de Arriba”.
Consistente en:
- Porto de arriba.- Saneo dun tramo de 35 m e a execución dun muro de contención, realización dun foxo de 59 m para a instalación de tubería de PVC para saneamento con reposición das acometidas existentes e a realización dun foxo de 75 m para a instalación de tubería de PE para abastecemento e unha nova capa de rodadura en todo o ancho da rúa.
- Caldeirón de arriba.- construcción dun foxo de 95 m para tubería de PE de abastecemento con reposición de acometidas existentes e o extendido dunha capa de 5 cm de aglomerado en quente en todo o ancho da rúa.
A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por un importe de 24.969,60€ (20.636,03€ máis 4.333,57€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019
- “Reforma e Renovación de Pista Deportiva”.
Consistente na limpeza mecánica da soleira, realización dunha nova pavimentación, marcaxe das pistas previstas e a construcción dunha pista de padel na pista Polideportiva da zona do peirado.
A obra foi adxudicada á empresa Zona de Obra O Rosal SL por un importe de 34.461,73€ (28.480,77€ máis 5.980,96€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2018.
- “Acondicionamento dun parque infantil en Grobas”.
Consistente na adecuación duns terreos para o seu uso como parque infantil realizando unha limpeza da zona de maleza e terra vexetal, retirada de mallas e restos de muros e xogos existentes e a realización dun novo peche, coa pavimentación da zona e a colocación duns xogos.
A obra foi adxudicada á empresa Actividades de Construcción, Edificación y Viales SL por un importe de 12.816,32€ (10.592,00€ máis 2.224,32€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través das baixas das obras do Plan Concellos 2017.
0 comentarios