Sara Liñares convocada ca selección de Galicia de minibasket

Publicado por Antonio Cortés en

Concluída a experiencia do Torneo “Concello de Marín” de Seleccións Autonómicas, a Área Deportiva FGB dou a coñecer as Seleccións Galegas Minibasket definitivas que competirán en San Fernado (Cádiz), entre o 4 e 8 de abril; no agardado Campionato de España, entre as que se atopa a cesureña Sara Liñares Blanco, xogadora do Instituto Rosalía (Fedesa) de Santiago de Compostela.

As indicadas listas oficiais, que poden consultarse nos documentos, constitúense tras unha ampla etapa de preparación que puido realizarse gracias ao esforzo e participación de todos os adestradores, xogadores e xogadoras que teñen formado parte da mesma, así como dos seus familiares e, por suposto, clubs de orixe. A todos eles, o noso recoñecemento.

O futuro máis inmediato

Ambos os combinados galegos xa definitivos teñen agora por diante un mes de marzo no que afrontarán dúas xornadas de adestramentos (8 e 29 de marzo) e a posibilidade de desputar outro torneo amigable fóra da nosa Comunidade (21 e 22 de marzo).


2 comentarios

Pinocho · 25-02-2020 a las 21:12

Noroboa Sara, a seguir da mesma maneira.

Pinocho · 25-02-2020 a las 21:16

sara guapa

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.