O BNG de Pontecesures pide reactivar a agrupación local de Protección Civil.
Como membro da comisión de seguimento do COVID-19, e ante o posible empeoramento das circunstancias actuais, o BNG ven de solicitar ó alcalde de Pontecesures a reactivación da agrupación local de protección civil no noso concello.
Consideramos que a súa formación, preparación, experiencia e coñecemento na xestión de situacións de emerxencia, sería de gran axuda neste momento, tanto para desenvolver labores aistenciais como de desinfección e limpeza; tamén labores de control e vixiancia complementando os servizos actuais que, como se ven comprobando, son insuficientes.
Ó noso pesar e para prexuízo de todos os veciños e veciñas de Pontecesures, a nosa petición ven de ser desestimada polo alcalde.
Agardamos que rectifique e, tendo en conta a gravidade da situación actual, teña en conta á agrupación local de protección civil, organismo que se está amosando indispensable na maioría dos lugares afectados polo COVID-19.
BNG Pontecesures
0 comentarios