CONCURSO DE RELATOS CURTOS «CONTOS DENDE O CONFINAMENTO»
CONCELLO DE PONTECESURES
A CONCELLERÍA DE CULTURA do CONCELLO DE PONTECESURES, convoca o Concurso de Relatos Curtos, “CONTOS DENDE O CONFINAMENTO”.
Concurso de relatos curtos para os Cesureños confinados.
BASES:
Primeira. – Participantes
Poderán participar todos os veciños e veciñas do pobo, con independencia da súa idade.
Os relatos serán presentados por unidade familiar .
Segunda. -Modalidade do concurso
Os traballos serán presentados por unidade familiar, para así fomentar a creatividade e o traballo en equipo.
Cada familia ou unidade familiar poderá presentar un máximo de 2 relatos.
Os traballos deberán presentar o formato de relato curto; cunha extension máxima de 5 páxinas tamaño DIN A4, formato de letra Arial de 10 puntos con interlineado de 1,5.
Poderán optar aos premios obras orixinales, non presentadas a outros concursos e deberán
estar escritos en galego ou español.
A temática dos traballos será libre. Non obstante, valorarase a inclusión de aspectos relacionados coa cuarentena e a visión desta situación dende o confinamento.
Terceira. – Presentación dos traballos, forma e prazo.
Os traballos deberán ser enviados ao mail da Concelleria de Cultura: cultura.comercio@pontecesures.org
Os traballos presentados por mail, deberán incluir os datos do concursante ou representante da familia ou unidade familiar, asimesmo débese incluir:
Nome completo do representante da unidade familiar, idade e teléfono de contacto.
O prazo de presentación das obras finalizará o 30 de abril de 2020 as 14:00 horas, quedando fóra de concurso as obras recibidas fóra de dita data.
Cuarta. -Xurado do concurso.
O xurado do concurso estará composto por non menos de 3 persoeiros relacionados co mundo das letras.
As súas decisións serán inapelables, quedando sometida á súa decisión calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.
Estarán asistidos por un secretario nomeado polo Alcalde de Pontecesures e que levantará acta da decisión do xurado.
Todos os membros do xurado terán voz e voto.
Os sobres cos datos dos finalistas abriranse unha vez adxudicados os gañadores.
Quinta. -Premios
Os premios consistirán en:
– Primeiro premio: Lote de libros e xantar nun restaurante de Pontecesurese para os membros da unidade familiar
– Segundo premio: Vale compra 50 Euros nos comercios de Pontecesures.
– Terceiro premio: Lote de libros e diploma.
Realizaráse un acto onde se fará entrega dos premios, así como dun diploma para os finalistas. Comunicarase a data do acto con suficiente antelación.
É requisito indispensable recoller persoalmente o premio.
Sexta. -Normas xerais
Na páxina web do concello de Pontecesures, publicaránse os traballos premiados así como os os finalistas.
Os autores e autoras, mediante a aceptación destas bases e participación no concurso, dan o seu consentimiento para a publicación das súas obras.
0 comentarios