Propostas dos socialistas cesureños pola pandemia.

Publicado por Redacción o

O grupo municipal socialista vén de propoñer na comisión de seguimento do Covid-19 a toma en consideración das seguintes medidas para paliar as consecuencias económicas e sociais da pandemia:
A corto prazo,
– Incentivos económicos para es establecementos que tiveron que pechar durante o confinamento, ou ben viron moi reducida a súa facturación.
– Adquisición de e-bonos para as familias máis desfavorecidas sin acceso a internet.
– Adquisición de equipos de desinfección portátiles por ozono.
E a medio prazo,
– Campañas de dinamización do comercio e hostelería locais.
– Actividades de formación dixital para a poboación.
– Incrementar a capacidade da rede wifi.

Para acadar estes obxectivos, ademáis das dotacións económicas doutras administracións, suxerimos empregar os fondos non utilizados en actos festivos cancelados (e os que ainda se puideran cancelar).

Socialistas de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.