Aprobado o acordo plenario instando a que se manteñan en Pontecesures os servizos e as frecuencias dos trens.
A proposta foi presentada polo grupo de goberno no pleno que tivo lugar o pasado luns, 27 de novembro. Nela se insta ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para que se manteña os servizos e frecuencias cos que contaba Pontecesures antes da declaración do estado de alarma.
O voceiro socialista, Roque Araújo, solicitou incluir unha emenda baseada en que a pasada semana xa entraron en servizo máis trens no corredor e nunha nota na que se dicía que no futuro, paulatinamente, ían circular máis trens en función da demanda e, deste xeito, habería que dar unha oportunidade para que a recuperación total fora unha realidade.
Este matiz foi obxecto de debate. A voceira do BNG, Cecilia Tarela, manifestou que non se debía esperar máis e que a recuperación dos servizos debía producirse con carácter inmediato. O alcalde, Vidal Seage, manifestou que o máis oportuno era ceñirse á proposta exposta no pleno instando a que os trens suprimidos circulen canto antes.
Rexeitouse a emenda socialista e a proposta do equipo de goberno foi aprobado con 8 votos a favor (PP. TeGa, IP e BNG) e 3 abstencións (PSdeG-PSOE).
0 comentarios