Un condutor queda durmido e bate de fronte con outro vehículo en Pontecesures.

Publicado por Redacción o

Onte pola mañá o tráfico estivo cortado en Pontecesures. Foi por mor dun accidente na estrada nacional que cruza a vila. Ao parecer, un rapaz que saía á mañanciña de traballar quedou durmido e bateu frontalmente con outro vehículo que viña en dirección contraria. Non houbo vítimas mortais, pero os dous condutores están feridos. Aínda non se sabe con seguridade cal é o seu estado, pero as feridas, en principio, non eran de gravidade.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.