COMUNICADO SOBRE A PARALIZACION NAS ACTIVIDADES NAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS LOCAIS.
Ante o notable incremento de casos COVID rexistrados nos últimos días no concello e tendo en conta as novas restricións impostas polas autoridades sanitarias na nosa zona, o Concello de Pontecesures, logo de ter coñecemento da intención de suspender temporalmente a actividade que realizan algúns clubs deportivos e asociación culturais, e constatar que otras entidades asociativas locais xa non estaban realizando os seus adestramentos/ensaios/actividades, solicitou no día de onte facer extensivo este cese temporal ao resto de clubs e/ou asociacións deportivas e culturais locais que continúan a desenvolver a súa actividade a fin de minimizar os desprazamentos e de evitar os contactos fóra do estrictamente necesario ao máximo, atopámonos cunha pronta resposta positiva na case totalidade destas entidades locais.
A pesares de ter constancia de que o risco de contaxio é baixo, xa que tanto clubs como asociacións deportivas e culturais están a seguir os protocolos establecidos para a realización das súas actividades de xeito rigoroso, o Concello de Pontecesures considera esta medida moi positiva e aplaude a responsabilidade e compromiso que están a amosar estes colectivos para, entre todos, contribuir a frear a expansión do virus e salvagardar a saúde de toda a veciñanza. Asimesmo, agardamos que o resto do tecido asociativo e deportivo municipal se una á loita.
0 comentarios