COMUNICADO SOBRE AS NOVAS RESTRICIONS QUE ENTRARON HOXE EN VIGOR MOTIVADAS POLA PANDEMIA COVID19.
Unha vez máis, dende o Concello de Pontecesures queremos facer un chamamento á veciñanza para que extreme as precaucións evitando xuntanzas con persoas non convivintes, mantendo a distancia social, usando a máscara incluso con familiares e extremando tamén as medidas de hixiene de mans.
Recórdase que as autoridades competentes poden solicitar en calquera momento que se xustifique debidamente o motivo polo que se están movendo a un concello perimetrado. No caso de que a xustificación non sexa válida proporán para SANCIÓN á persoa ou persoas que estean a facer caso omiso desta normativa. Ademais, infórmannos de que as forzas e corpos de seguridade do Estado van a por en marcha unha labor de especial de vixilancia nas entradas e saídas dos concellos perimetrados, intensificando o control en centros comerciais, supermercados, tendas e grandes superficies co fin de evitar que a poboación se salte as restricións.
Sabemos que son unhas medidas duras, pero é necesario que as acatemos para evitar un confinamento total como o que vivimos o pasado mes de marzo.
Preme no seguinte enlace para ver todas as restricións.
0 comentarios