O alcalde opina sobre a polémica do peche de Pontecesures.
Por alusións, e sen ánimo de crear máis polémica estéril á que xa temos en Cesures.Consinto case todo excepto as mentiras..ou medias verdades, que case sempre son a mesma cousa. O pasado venres sobre as 9:20 da mañá recibín no Salón de Plenos da Casa do Concello unha quincena de comerciantes e hostaleiros, que, porqué non dicilo, sen ter sido programada reunión algunha, acudiron a falar con quen isto escribe.Coa perspectiva que da o tempo foi unha sorte que se tivera posposto unha reunión que tiña prevista coa empresa de recollida de lixo para esa hora, xa que do contrario para algún/ha o titular houbese sido: «Os comerciantes e hostaleiros van ao Concello e o Alcalde non os recibe….». Pero volvamos ao caso…En esa reunión planteouse a situación de extrema precariedade pola que pasaba o sector, froito de peches consecutivos e a nova situación insólita á que se vían abocados despois do novo peche perimetral por estar es situación de máximo risco decretada polas autoridades sanitarias. Efectivamente que dende o goberno municipal se dixo que ditos decretos de peche non son competencia municipal, porque non o son, así como sí o é a potestade sancionadora para corrixir os incumprimentos en materia sanitaria que poidan darse no termo municipal. Pero o que tamén é certo e que este Alcalde mostrou a súa disconformidade coa medida por considerala unha anomalía estadística que fai que Pontecesures con un puñado de casos pase a ter unha incidencia acumulada que nos coloque en risco máximo. Comprometeuse tamén quen isto escribe a esa mesma mañá poñerse en contacto coa Xerencia da área sanitaria de Santiago e coa Consellería de Sanidade para solicitar un novo sistema de ponderar os casos tendo en conta as singulares características dos pobos pequenos coma o noso, así como unha reunión coa Xerencia á que convidei que me acompañase algún representante cando fósemos informados da data, cousa que se solicitou esa mesma mañá e pola tarde trasladóuselle ao Conselleiro de Sanidade así como a Vicepresidencia da Xunta un replanteo da situación tal como se comprometera esta Alcaldía.Durante todos estos días atendín a multitude de medios escritos, radios e canles de tv onde trasladei a necesidade de que o Comité Clínico aplicase algún factor de corrección que faría que Pontecesures cos casos que ten na actualidade non estivera pechado perimetralmente, porque así o considero de xustiza, de non estar convencido de elo diría que era unha insensatez.O compromiso das autoridades foi de estudalo novamente no comité do seguinte martes (mañá) . Algún medio incluso entrevistou a algún hostaleiro presente na reunión esa mesma mañá para opinar sobre o particular.Remato lamentando que algún dos que na nova critican con tanta vehemencia o papel no goberno municipal nin estaban na reunión, co que o sesgo e maior ao contar de oídas as cousas.Este goberno municipal e eu como Alcalde, en particular, non terei reparo en defender o que considero xusto, alén do tinte político que con tanta frecuencia en Pontecesures se lle atribúe a calquer asunto municipal.
Juan Manuel Vidal Seage
0 comentarios