INICIO DAS OBRAS “REURBANIZACIÓN DA BEIRARRÚA DEREITA DA RÚA DOCTOR MOSQUERA”

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Esta semana darán comezo as obras de reurbanización da Beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera. Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordóñez SA (NOSA) por un importe de 105.161,10€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través da Liña 1 do Plan Concellos 2019.

A actuación consiste na reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera nunha lonxitude de 360 m e coa renovación das redes de abastecemento, pluviais e das luminarias existentes por outras de maior eficiencia enerxética.

Para a execución desta actuación será imprescindible realizar inicialmente un by-pass na Rúa Portarraxoy de Pontecesures que permitirá realizar as obras sen deixar sen servizo de abastecemento aos veciños da zona.

As obras teñen un prazo de execución de 3 meses.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.