MELLORAS NAS INSTALACIÓNS DO CPI E ESCOLA INFANTIL DE PONTECESURES.
De cara ao inicio do vindeiro curso escolar 21/22, o Concello de Pontecesures, en colaboración coa dirección do centro, está a coordinar as labores de limpeza, mantemento e mellora do CPI Pontecesures.
Aos arranxos precisos para garantir o bo funcionamento do centro, súmanse as labores de pintado de diversas áreas na zona exterior e peche perimetral, destinadas a mellorar notablemente a percepción do complexo educativo.
Por outra banda, grazas ao compromiso por parte da Delegación Territorial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, logo de ser informados da necesidade desta actuación por parte do Concello, nos vindeiros días, darase inicio ao proxecto de pintado da práctica totalidade das aulas que conforman o edificio de Primaria e Secundaria, así como das zonas comúns do mesmo.
Estos traballos completan as obras de rehabilitación integral e mellora da eficiencia enerxética acometidas no pasado curso por un importe de 762.000 €
Asimesmo, o persoal do servizo de obras do Concello está a levar a cabo as actuacións pertinentes nas instalacións da Escola Infantil Municipal de Pontecesures para dar acollida ás/aos cativas/os no novo curso, que dará comezo o próximo 1 de setembro.
0 comentarios