Amosa o BNG o compromiso coa planta de lixo lousamiá onde se leva o lixo de Pontecesures.
O BNG vén de sumarse ás reivindicacións das centrais sindicais e do colectivo de traballadores e traballadoras da Mancomunidade Serra do Barbanza, que reclaman garantir a continuidade do cadro de persoal, máis de 150 traballadores/as, do Complexo Medioambiental de Lousame a partir do ano 2023, período no que remata a actual concesión de FCC.
Os representantes municipais do Bloque dos concellos aos que presta servizo (Ames, Brión, Lousame, Rois, Noia, O Son, Muros, Carnota e Pontecesures), xunto cos deputados do Parlamento galego Rosana Pérez e Xosé Luís Bará, mantiveron unha xuntanza para analizar a situación na que se atopa a citada mancomunidade e solicitar a convocatoria dunha asamblea da entidade supramunicipal.
Insisten en que “a Mancomunidade debe dotarse dun novo órgano de xestión permanente. O actual modelo de rotación da presidencia e secretaría da entidade entre concellos non é operativo, polo que resulta fundamental a redacción dun novo convenio e licitar o servizo antes de finalizar a actual concesión administrativa no ano 2023”.
Asemade, avanzaron que solicitarán a colaboración institucional da Xunta.
El Correo Gallego
0 comentarios