REMATE DAS OBRAS DE “MELLORA NO PARQUE INFANTIL VICENTE MOURE” E “ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA E.T.A.P.”

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Remataron as Obras de:

1) Mellora no parque infantil Vicente Moure.

Co fin de mellorar a imaxe e, sobre todo, a seguridade e a funcionalidade do parque, nas zonas de seguridade dos xogos existente, foi substituido o pavimento de losetas perforadas por un pavimento continuo de caucho anticaídas, en dous espesores, 80 mm e 50 mm. O primeiro deles previsto para a correcta absorción de caídas de ata 2 metros de altura, e, polo tanto, colocado entorno aos xogos de maiores dimensións, e o de 50 mm para caídas de ata 1,50 metros, entorno aos xogos máis pequenos.Ademais do anterior, completouse o chan entorno a zona de xogos mediante un pavimento terrizo de xabre compactado, adecuado ao carácter natural que ten todo o parque.Os dous pavimentos delimitáronse mediante unha pletina de aceiro cortén.A obra foi adxudicada á empresa Construcciones y Reformas 3 Torres 2010 S.L. por un importe de 48.036,40€ dos que 33.625,48€ son financiados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, 9.607,28€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021 e 4.803,64€ por fondos propios do Concello.

2) Acondicionamento e Mellora da E.T.A.P.

Despois da avaliación in situ do estado actual, acometéronse as seguintes operacións:Para o acondicionamento e optimización do sistema de filtración:• Baleirado do leito filtrante existente e recheo con novo material filtrante de area de Sílice, típico dos filtros de presión rápida.• Renovación das boquillas existentes no interior dos tanques de filtración mediante novas boquillas de filtro de plástico/polipropileno verticais ou de mango longo.• Renovación de todas as válvulas pneumáticas que compoñen o sistema de control actual de Filtración.• Renovación do compresor existente cun compresor de aire de pistón de polo menos 11 bar de presión.• Renovación total do cadro de control da electroválvula con armario de poliéster xunto cun novo cadro de control eléctrico equipado e panel con infografía esquema con circuítos e teclados.Para mellorar o proceso de cloración:• Instalación dun depósito cilíndrico de polietileno lineal anti-UV e 1.000 l de capacidade de almacenamento de hipoclorito subministrado en tanque.• Instalación de equipamento dosificador de hipoclorito consistente nunha bomba dosificadora diafragma con caudal constante e presión máxima de 10 bar, incluíndo tubos necesarios para a conducción ata a entrada do depósito.A obra foi adxudicada á empresa Espina Obras Hidráulicas S.A.por un importe de 37.510,00€ dos que 28.132,50€ son financiados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través do Fondo de Compensación Ambiental, 7.501,99€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021 e 1.875,51€ por fondos propios do Concello.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.