REUNIÓN CO XEFE TERRITORIAL DE INFRAESTRUCTURAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Motivado polas queixas e as incertidumes dos veciños de Infesta pola recente reorganización da Estrada PO-214 (de titularidade autonómica), sobre todo, no que se refire as zonas de saida dos colexios e a do paso dos peregrinos xacobeos, o pasado mércores -1 de decembro- houbo unha reunión na propia estrada entre membros do Concello de Pontecesures e o Xefe Territorial de Infraestructuras da provincia de Pontevedra, Don José Luís Díez Yánez.
Nesta reunión abordáronse as queixas dos veciños de Infesta e o Xefe Territorial comprometeuse a estudiar novas medidas de seguridade tendo en conta as queixas dos veciños.
0 comentarios