Tomou posesión onte como concelleiro, Alberto Rivas De Jesús.
É un pracer para min anunciar que dende hoxe son concelleiro do BNG Pontecesures. Agradecer en primeiro lugar a Margarita todo o traballo que fixo durante tanto tempo, moitos anos representando de forma impecable. Logo, agradecer ao partido esta oportunidade e voto de confianza, que tratarei de aproveitar da mellor forma posible, facendo que se sintan satisfeitas co relevo.
Traballarei todo o que poida para dar voz aos intereses da veciñanza, da mocidade, e do pobo galego (como ben dixen ao tomar posesión).
Representarei a Galiza Nova aportando o estupendo plan que temos, do que tanto as miñas compas coma min nos sentimos orgullosos. E por último, dicir que este é un camiño longo pero ilusionante, onde non me atopo só, senón que estou rodeado do mellor equipo posible, que me aportará o traballo, os coñecementos, a experiencia e as ideas que este pobo merece.
En verbas de Alexandre Bóveda:
“Se entende este tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis pola miña Terra. Fixen canto puiden por Galiza e faría moito máis se puidera. Se non podo seguir traballando máis por ela, gustaríame morrer pola miña Patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado. (defensa no xuízo sumarísimo no que foi condenado a morte).”
Alberto Rivas De Jesús.
0 comentarios