Campaña ‘Mes de Rosalía, mes de rebeldía’. Acto hoxe en Padrón.
O Bloque Nacionalista Galego de Santiago realizou un reparto informativo polos comercios, con colantes e marcapáxinas de libros, para publicitar as actividades da campaña Mes de Rosalía, mes de rebeldía. “Rosalía de Castro, esa escritora feminista, comprometida, defensora da nosa lingua e da nosa cultura, é unha muller á que sempre hai que ler e reler porque ten un pensamento absolutamente vivo e actual”, sinalou Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG. E realizou un chamamento a acudir hoxe, ás 19.00 horas, a Padrón, na Casa dos Capeláns, onde haberá unha palestra a cargo de Francisco Rodríguez, un dos maiores especialistas sobre a obra rosaliana.
0 comentarios