Nacional Infantil para Sara Liñares
Certificadas as listas definitivas de xogadores e xogadoras que representarán a Galicia nos Campionatos de España de Seleccións. A coincidencia no vindeiro mes de abril dos nacionais de Seleccións en categorías minibasket, infantil e cadete, reunirá en terras andaluzas as nosas seis seleccións para desfrutar e competir ao máximo nivel.
Para este propósito, e chegados hasta aquí tras meses de moito traballo, a Área Deportiva FGB comunica as listas oficiais das diferentes seleccións, agradecendo o compromiso dos clubs e de todos os xogadores e xogadoras que teñen formado parte desta dinámica na presente temporada, e remarcando o traballo do cadro de adestradores que están a guiar este proceso.
A base cesureña Sara Liñares Blanco, iniciada no baloncesto no C.B Río Ulla de Pontecesures e dende o ano 2019 xogadora do Instituto Rosalía Fedesa de Santiago de Compostela foi unha das doce seleccionadas para formar parte do equipo infantil que representará a Galicia no Campionato de España a celebrar na provincia de Huelva do 9 ao 13 de abril.
0 comentarios