Padrón abriu o prazo do premio Camilo José Cela dotado con 1.500 euros.

Publicado por Redacción o

O Concello de Padrón vén de convocar o Premio Literario Camilo José Cela, dotado con 1.500 euros. O certame é un dos máis consolidados no panorama das letras nacionais e chega neste 2022 á súa trixésimo segunda edición. Foi creado polo Concello en 1989 como homenaxe perpetua á figura humana e literaria do escritor, Premio Nobel de Literatura ese mesmo ano. Trátase, en palabras do alcalde, Antonio Fernández, “dun acto de xustiza con Cela, unha persoa que levou o nome da vila por todo o mundo”. Esta edición conta ademais co aliciente de celebrarse no vixésimo cabodano do pasamento do novelista, e o 80 aniversario de La familia de Pascual Duarte. Os participantes deben enviar obras orixinais e inéditas dunha extensión entre os 12 e os 25 folios, escritas en galego ou en castelán. O prazo finaliza o 15 de xullo. 

El Correo Gallego


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.