Grupo de peregrinos portugueses recibidos polo Alcalde e a Concelleira de Turismo.
Este fin de semana o alcalde, Vidal Seage, e a concelleira de turismo, Laura Villar, deron a benvida a un grupo de peregrinos procedentes de Oporto.
O Grupo de Ação Social de Porto tiña contactado hai semanas co Concello de Pontecesures mostrando o seu interese en visitar Pontecesures e pernoctar no noso Concello como etapa intermedia na súa peregrinaxe a cidade compostelá.
Na recepción aos peregrinos portugueses lles foi entregada información sobre lugares de interese turístico de Pontecesures e mostraron o seu desexo de repetir novamente dita visita en vindeiras edicións dunha peregrinaxe que levan a cabo periódicamente con diversos grupos do país veciño.
Durante este Ano Santo está prevista a visita de novos grupos que xa teñen mostrado interese en visitar e pernoctar en Pontecesures como etapa previa á súa chegada a Compostela, o que fai pensar en que será un bo ano para o turismo tanto na peregrinaxe polo camiño portugués que nos atravesa así como por outras rutas que están despertando interese nos últimos tempos como é a peregrinaxe polo Mar de Santiago, que conta en Pontecesures con porto de chegada pola vía marítimo fluvial dende a ría de Arousa remontando o río Ulla, e porto de saída para os peregrinos que retornan de Compostela.
0 comentarios