Os socialistas critican ao «alcalde-catequista».
O PSdeG de Pontecesures denuncia o “desleixo” do alcalde: “Nin festa da Lamprea nin festexos polo Día das Letras”Critica que Seage estampe a súa foto nos folletos da Semana Santa para “facer que fai” a costa do traballo da parroquia: “Mellor lle iría á nosa vila se actuase como alcalde e non como catequista”O PSdeG de Pontecesures amosa a súa sorpresa ao ver que o alcalde “non ten nin o máis mínimo empacho” en estampar a súa foto nos folletos da Semana Santa para tentar ocultar o “desleixo” que o levou a anular a celebración da Festa da Lamprea ante a falta de capturas (e non plantexar actividades alternativas) e a non colaborar coas agrupacións culturais locais para programar os festexos do Día das Letras Galegas.“Agora quere facer que fai a costa do traballo dos demais”, sinalou o voceiro socialista, Roque Araújo, convencido de que “mellor lle iría á nosa vila se Seage actuase como alcalde e non como catequista”.E é que, tal e como amosou o voceiro socialista, sorprende que Seage opte por amosar “un avatar de alcalde-catequista” para tentar capitalizar os actos programados pola parroquia mentres “abandona” tradicións consolidadas na vila como a Festa da Lamprea ou as celebracións do 17 de Maio, que son ademais un revulsivo para os negocios locais. De feito, como recorda o PSdeG cesureño, no Día das Letras Galegas eran moitas as agrupacións musicais que, procedentes doutros puntos de España e incluso do estranxeiro, tocaban na vila e amenizaban a xornada.“Neste goberno municipal fai falla un xiro de 180 graos, porque así non imos ben”, evidenciou Roque Araújo, recollendo así as críticas dos sectores do comercio e da hostalería, así como de tantos veciños e veciñas preocupados polo nulo interese que amosan o alcalde e o seu equipo por manter a Pontecesures como referencia da zona nas celebracións gastronómicas vinculadas á lamprea e nas festas culturais ligadas ao Día das Letras Galegas.
Socialistas de Pontecesures
0 comentarios