Os socialistas cesureños insisten en que debe mellorarse a visibilidade do paso de peóns da rúa Novo Núñez.

Publicado por Redacción o

No pleno deste luns solicitamos, de novo, que se mellorara a visibilidade do paso de peóns situado na rúa José Novo. O concelleiro de obras respondeu que xa o solicitaría a Carreteras do Estado, que era un proceso lento. Replicámoslle que non era a primera vez que o pediramos, que tivera tempo dabondo para facelo. Xa un pouco alterado -quizás por molestalo por ter que atendernos no pleno-, respostou que “miráramos a hemeroteca”, para comprobar a nosa equivocación. Nós, como xente guiadiña que somos, seguimos o seu consello, e resulta que na acta do pleno de xullo de 2021 (fai un ano!), atopamos o que adxuntamos. Pois eso, señor Souto, nós seguimos o seu consello; agora atenda o noso e faga o seu traballo!

Socialistas de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.