O Concello cesureño adxudica a obra de mellora do camiño Fenteira-Grobas

Publicado por Redacción en

As obras suporán a mellora da capa de rodaxe desta pista, de 450 metros de longo por 3,5 metros de ancho

OConcello de Pontecesures vén de adxudicar as obras de mellora do camiño de Fenteira a Grobas á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela SL por un importe de 51.057 euros (IVE incluído). Os traballos contan cun prazo de execución de catro semanas e un prazo de garantía de seis anos. «Con esta actuación melloraremos a seguridade viaria dos veciños e veciñas xa que, ademais de mellorar o firme do camiño para os condutores, construiremos tamén unha cuneta de seguridade baixo a que se recollerán as augas da chuvia, polo que facilitará tamén o tránsito de peóns pola zona», segundo indica o alcalde cesureño, Juan Manuel Vidal Seage.

As obras suporán a mellora da capa de rodaxe desta pista, de 450 metros de longo por 3,5 metros de ancho. Repararanse as fochancas e procederase á limpeza de gabias en ambas marxes do camiño, sobre o que se aplicará unha nova capa de rodadura de seis centímetros de asfaltado en quente.

Así mesmo, está prevista a construción dunha cuneta de seguridade de 300 metros en formigón baixo a cal se canalizará unha tubaxe e dez arquetas con sumidoiro para a recollida das augas pluviais.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.