Chega a Cesures uha exposición de fotos antigas e actuais do Camiño Portugués.

Publicado por Redacción o

A Plazuela de Pontecesures acolle ata o vindeiro venres 23 de setembro a exposición “Pegadas. Pasado e e presente do Camiño Portugués da Costa” promovida polo Xacobeo e a Xunta de Galicia para dar a coñecer a memoria desta ruta xacobea. Unha mostra que, a través da confrontación de imaxes antigas e fotografías actuais, permite afondar no patrimonio, a historia e a cultura do Camiño Portugués.

O proxecto inclúe fotografías históricas e actuais dos principais municipios polos que discorre o Camiño Portugués da costa. No caso de Pontecesures, este proxecto inclúe imaxes antigas e actuais da ponte sobre o río Ulla, da estación, da rúa José Novo Núñez, vistas panorámicas dende o barrio de San Xulián…..A exposición, que poderá visitarse na Plazuela ata o 23 de setembro, inclúe códigos QR para que os veciños e veciñas poidan visitar a web de Pegadas.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.