O PSOE de Valga lamenta o non do PP a un plan para promover o galego nos cemiterios.

Publicado por Redacción o

No último pleno celebrado pola corporación de Valga o PSOE presentou unha moción para a aprobación e posta en marcha dunha campaña municipal de promoción do uso do galego nos cemiterios, esquelas, epitafios, e en todo o relacionado co momento do falecemento. Segundo María Ferreirós “trátase dunha anormalidade cultural que as esquelas e epitafios se escriban en castelán mentres que a maior parte da poboación emprega normalmente o galego na súa vida cotiá”. A proposta socialista buscaba que o Concello de Valga realizase una campaña de sensibilización “que reunira ao sector funerario, igrexa e veciñanza”. A proposta foi rexeitada polo goberno local, “que tamén imposibilitou o debate desta cuestión”, Segundo o PSOE queda demostrado que “non existe un mínimo interese para crear accións culturais senón existe unha subvención doutras administracións”.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.