Morreu José Manuel Gil Blanco.

Publicado por Redacción o

Manuel Gil á esquerda con coa exalcaldesa de Pontecesures e Ramón Ferro (tamén falecido) nos actos de conmemoración en 2015 dos noventa anos do Concello de Pontecesures.

Aos 94 anos de idade morreu no día de onte este veciño de Infesta nº 52 que foi concelleiro de Pontecesures e que estaba casado con Felisa García Sandá. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón e mañá domingo 15 de xaneiro, ás 15:45 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.