Valga convoca unha nova edición do Premio Ferro Couselo.
Haberá, coma sempre, dúas modalidades
O Concello de Valga convoca unha nova edición do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, co obxectivo de promover e incentivar os estudos actuais de investigación no campo das ciencias históricas. Os traballos poden presentarse ata o día 25 de abril nas dúas modalidades habituais. Á primeira, dotada con 4.000 euros, poden concorrer traballos de investigación de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía, historia e arte. As obras deben estar escritas en galego, ser inéditas e que non teñan obtido ningún premio anteriormente. Na segunda modalidade convócase unha bolsa de estudos para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio de Valga. Os autores deberán presentar un guión argumentado.
La Voz de Galicia
0 comentarios