Vidal Seage, PP de Pontecesures: «Son animal nocturno».
Con 2.612 votantes potenciais, o concello cesureño é o que posúe o menor electorado dos once que forman Arousa
12 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Comentar · 0
Chegou á alcaldía cunha moción de censura, e agora, varridos os seus compañeiros de coalición en Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage aspira á súa primeira reelección para o Partido Popular.
—Que é máis importante para chegar a alcalde, ser coñecido ou ser popular?https://sopalk.com/r/p.html?f=twccuqk&e=1333182323312
—(Risas) Unha cousa debe ir aparellada á outra, penso
—No tema dos churros, é tradicional ou gústalle innovar?
—A tradición está moi ben, pero tamén se debe innovar un pouco. Hai un que é con queixo e marmelada de pemento que está moi bo. O chocolate non é a miña cousa.
—E coláronselle moitos churros como alcalde?
—Espero que foran os menos posibles.
—Como vai o do Fierabrás?
—¿O bálsamo? Non sabería que contarche.
—Sigamos coa comida, xa que logo. Vaia susto lle deu aquela lamprea…
—Foi unha encerrona, un axuste de contas. Aquela lamprea era un demo .
—Gústalle a lamprea?
—Absolutamente. Teño verdadeira paixón pola lamprea.
—Pois se cadra, non é un bo símil para un político, porque é un bicho que vive como parasito doutros animais…
—Somos vellos coñecidos (risas). Espero que non haxa moitos políticos que vivan de parasitos.
—Como leva o das redes sociais?
—Gústanme, quizais de máis, pero gústame trasladar o que fago á opinión pública. Por exemplo, gústame andar en moto, e non me importa que a xente o saiba
—No baile, ¿mellor agarrado ou só?
—Hai momentos para bailar só, pero sempre se desfruta máis cun agarrado.
—E para gobernar, que é mellor, só ou en parella?
—Aí teño bailado de todas as maneiras. Se cadra é mais vistoso xuntos que en solitario.
—É máis de película ou de series?
—As series non me gustan. Non me gusta que me fagan esperar moito para coñecer o desenlace.
—Gardou algunha máscara?
—Teño algunha no faiado, daquelas que fixemos co logo de Pontecesures. Axuda a lembrar o que pasamos.
—Aínda sae de noite ou os anos xa van pesando?
—So, saio. Non son un fiestero, pero son animal nocturno. Ás doce da noite é cando estou máis activo. Mando correos ás dúas ou ás tres da mañá. As nove da mañá é unha hora moi complicada para min
—E hai marcha en Cesures, ou vai a cousa con Nova York, como cantaba Mecano?
—Pois hai un revulsivo da vida nocturna. Hai xente que está a preguntar por antigas discotecas para volver a abrir. Iso gústame. Teño fillos que xa andan por aí e oxalá non teñan que coller o coche para saír de festa.
—Na música, por onde van os tiros?
—Son de rock sinfónico e de compositores. Sempre teño a mesma música no coche, xa mo di a miña nai.
—Contábame o das motos. Cal é o seu piloto preferido?
—Giacomo Agostini.
—Cal foi a súa primeira moto?
—Unha BMW Augusta. E estou pensando que se cadra debería ser tamén a última.
—Que foi o primeiro que levou ao despacho de alcalde?
—Un ambientador. Aínda o teño. Un Concello debe ulir ben.
La Voz de Galicia
0 comentarios