O concelleiro Ángel Souto despídese e anuncia que votará ao PP de Vidal Seage porque considera que é a mellor opción para Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Boas tardes.

Como sabedes este ano non me presento ás eleccións municipais. Isto é por varios motivos:

-Porque despois de 23 anos en activo penso que xa é hora de que savia nova entre con forzas e gañas para loitar polo mellor pobo.

-Porque chega un momento en que o cansancio mental diche que pares.

-Porque un xa se cansa de tanta mentira que hai que aguantar só por ser cargo político.

Agora ben, deixo a política en activo pero non me quero desvincular do noso pobo. Para min o mellor pobo do mundo mundial. Por iso e sin que esto pretenda obligar a ninguén e despois de gobernar tanto co PP, coma co PSOE e como o BNG e despois de sopesalo moito o meu voto vai para o PP de Juan Manuel Vidal Seage.

Desde que fixemos a moción de censura os investimentos en Cesures incrementáronse por 3 ou por 4. Que houho erros, claro que os houbo (tema limpeza sobre todo), pero calquera que queira ir á hemeroteca pode ver que é un problema endémico de hai moitos anos tanto co PP, coma co PSOE coma co BNG. Por certo, a etapa do goberno co BNG de Luis Álvarez Angueira non ten nada que ver coa seguinte xeración do BNG. Oxalá o BNG que se presentase fose o anterior non este.

En resumo o meu voto será para o PP porque creo que é o mellor para o noso pobo e se alguén quere facer o mesmo eu encantado. O noso lema anterior era PONTECESURES PRIMEIRO e iso segue aínda máis en vigor hoxe en día.

Por certo, aproveito para pedir perdón polos erros que poiden cometer, que seguro foron moitos pero nunca con mala intención.

Ángel Manuel Souto Cordo

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.