O CIM de Valga e Moraña empeza a prestar servizo en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

OCentro de Información á Muller (CIM) de Valga e Moraña comeza hoxe a prestar os seus servizos na casa do Concello de Pontecesures. Así, o CIM ofrecerá dous tipos de servizos ás veciñas de desta localidade do Baixo Ulla: atención psicolóxica e asistencia xurídica, grazas a un convenio de colaboración asinado. O servizo de atención psicolóxica estará dispoñible todos os mércores desde mañá, en horario de doce a dúas, mentres que o de asistencia xurídica será todos os venres, de nove e media a once e media. As persoas interesadas poden chamar aos teléfonos do Concello do Baixo Ulla.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.