Graduación no IES Macías o Namorado de Padrón.

Publicado por Redacción en

O alumnado de 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐜𝐡𝐚𝐫𝐞𝐥𝐚𝐭𝐨 𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐮́𝐥𝐭𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐅𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐏𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 púxolle fin a súa etapa no instituto Macías o Namorado cun emotivo acto de graduación que se desenvolveu esta mañá do mércores 27 de xuño. O alcalde de Padrón, Anxo Arca participou na 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐞 𝐝𝐢𝐩𝐥𝐨𝐦𝐚𝐬 xunto aos rexidores de Rois, Ramón Tojo; Dodro, Xabier Castro; e Pontecesures, Maite Tocino. Tamén asistiu á graduación como convidado o xerente de Roomel, Ramón Pérez. Foron moitos os familiares e achegados que arrouparon ao alumnado homenaxeado nun acto que presentaron Miguel Rial e Carlos Amil e contou coa 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐜𝐚𝐧𝐭𝐚𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚𝐬 Mariña Rey, Pepa Sanmartín e Alba Romero. A directora do IES Macías o Namorado, Rita Castiñeiras, dedicoulles aos protagonistas un sentido 𝐝𝐢𝐬𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨. Para finalizar, e como é costume con cada promoción que marcha, persoas convidadas e alumnado deixaron a súa pegada no centro coa plantación dun magnolio.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.