O CIM ofrece servizos gratuítos de atención psicolóxica e asistencia xurídica na casa do concello de Pontecesures.

Publicado por Redacción o

   

O Concello de Pontecesures informa de que o Centro de Información á Muller (CIM) ofrece dous tipos de servizos gratuítos ás veciñas de Pontecesures: atención psicolóxica e asistencia xurídica. O servizo de atención psicolóxica estará dispoñible todos os mércores en horario de 12:00 a 14:00 horas, mentres que o de asistencia xurídica terá lugar todos os venres, de 9:30 a 11:30 horas.

A atención prestarase nas oficinas emprazadas no baixo da casa consistorial. Máis información: 986 557 125 ou 986 564 409.
 
Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.