Éxitos do deporte cesureño.

Publicado por Redacción o

 O deporte cesureño segue acadando grandes éxitos!

Alba Buján Miguéns, proclamouse campioa da Copa de España de mushing terra na modalidade de Canicross Junior co seu compañeiro canino Sultán. Xunto co primeiro posto no campionato de España do pasado mes de xaneiro, clasifica para os campionatos mundiais do próximo mes de outubro en Italia.

Damián Serramito Esperón foi medalla de prata en loita sambo, acadada no campionato de España celebrado en Tres Cantos (Madrid), na categoría infantil -42kg.

Sodes un exemplo de deportistas, seguide así, e sorte no que vén! 

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.