Control das colonias felinas en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

O Concello de Pontecesures comeza a dar os primeiros pasos para poñer en marcha o 𝐦é𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐂𝐄𝐑 na nosa vila. Nove gatas e gatos rueiros foron capturados (C), esterilizados (E) a través dos servizos veterinarios da CAAN e retornados (R) ó seu espazo habitual.

O método CER amósase como o único ético e efectivo no control poboacional das colonias felinas (de cuxa xestión están legalmente obrigadas as administracións locais), xa que 𝐫𝐞𝐝𝐮𝐜𝐞 𝐨 𝐧ú𝐦𝐞𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐧𝐢𝐦𝐚𝐢𝐬 𝐧𝐚𝐬 𝐫ú𝐚𝐬, 𝐨 𝐧ú𝐦𝐞𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐚𝐦𝐚𝐝𝐚𝐬, 𝐩𝐞𝐥𝐞𝐱𝐚𝐬 𝐞 𝐞𝐧𝐟𝐞𝐫𝐦𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐧𝐚𝐬 𝐠𝐚𝐭𝐚𝐬 𝐞 𝐠𝐚𝐭𝐨𝐬.

As primeiras colonias xa están en marcha coa elaboración do censo de animais pertencentes a cada unha delas, ca fin de levar a cabo o control sanitario, rutinas de alimentación e labores de vixiancia e control dos seus integrantes.

En breve, tamén, iniciaremos unha 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚ñ𝐚 𝐝𝐞 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐮𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐯𝐨𝐥𝐮𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐱𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫 𝐚𝐬 𝐦𝐞𝐬𝐦𝐚𝐬.Agradecer a inestimable axuda e colaboración de 𝐌𝐞𝐫𝐲 𝐅𝐨𝐧𝐭𝐞𝐧𝐥𝐚 𝐞 𝐉𝐮𝐝 𝐋ó𝐩𝐞𝐳 𝐆𝐨𝐧𝐳á𝐥𝐞𝐳, así como da 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐀𝐛𝐞𝐢𝐫o de Santiago de Compostela por facilitarnos os medios e colaborar activamente na posta en marcha do proxecto.

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.