Nerea Novo e Iván Alonso cólganse cadanseu bronce no Mundial de Maratón.
A do Náutico Pontecesures foi terceira no C1 Muller Júnior e o do As Torres-Romaría Vikinga no K1 Home Sénior de Distancia Curta.
Aprimeira xornada do Campionato do Mundo de Maratón de piragüismo saldouse este xoves en Metkovic, Croacia, coas dúas primeiras medallas arousás, con cadanseu bronce da padexeira do Náutico Pontecesures Nerea Novo e do tudense das Torres-Romaría Vikinga Iván Alonso.
Defensora do título, Nerea Novo rematou a proba do C1 Muller Júnior en 1.04,24,73, a 56 segundos da campioa, a checa Kodetova, e a 16 da polaca Kowalak. A tamén padexeira do Pontecesures Candela Romero foi quinta, en 1.06.28,99. Novo disputou tamén o C1 Muller Sénior de distancia curta, no que concluíu quinta, proba na que Diego Romero, do Breogán do Grove, acabou cuarto en homes, a 11 segundos do bronce e a 24 do madrileño Ignacio Calvo, ouro.
Iván Alonso sumou o seu terceiro bronce en catro anos no K1 Home Sénior de Distancia Curta, en 12.49,68, a 22 segundos do campión danés Pedersen. O compañeiro de Alonso nas Torres Iker Rey rematou sétimo no C1 Júnior.
La Voz de Galicia
0 comentarios