Os populares de Pontecesures critican «o parcheo» nas beirarrúas da N-550.
O que estes tres venderon á veciñanza de Cesures como unha mellora integral das beirarrúas terminou converténdose nun parcheo indiscriminado e na instalación masiva de bolardos. Lonxe de levar a cabo unha reordenación e mellora dos aparcamentos, provocaron un auténtico caos na xestión do estacionamento nas marxes da estrada nacional. Isto dificulta enormemente tarefas cotiás tan básicas como comprar o pan ou tomar un café nunha cafetería próxima.
É importante destacar que esta alternativa xa fora desestimada polo anterior goberno do Partido Popular, que apostaba por unha estratexia máis sensata: a cesión de uso de terreos de titularidade estatal para posteriormente urbanizalos mediante fondos procedentes de subvencións e recursos propios. Este plan buscaba crear aparcamentos seguros e máis amigables para a cidadanía e non o que o actual goberno finalmente levou a cabo.
O que se respira estes días de Nadal a carón da N-550 non é outra cousa que indignación, froito de decisións que parecen ir en contra das necesidades reais dos veciños.
POPULARES DE PONTECESURES
0 comentarios