A Carreira Popular de Pontecesures abre inscrición e recadará fondos para Adega.

Publicado por Redacción en

MONICA IRAGO

A proba oferta un ano máis as distancias de 4 e de 8 quilómetros para os corredores das categorías sub-18, sénior e máster

Odomingo 26 de xaneiro ás once horas a Prazuela escoitará o pistoletazo de saída da vixésimo cuarta edición da Carreira Popular de Pontecesures. Unha proba que desde hai xa anos conta coa peculiaridade e o atractivo de ofrecerlles aos corredores das categorías júnior (sub-18), sénior e máster a oportunidade de competir sobre unha distancia de 4 quilómetros ou de 8, facendo a escolla no momento da súa inscrición. Algo que poderán facer ata as 23.59 horas do día 22 de xaneiro a través do sitio web www.emesports.es.

As categorías mencionadas, que comparten hora de saída, esixen o pagamento de 6 euros no momento do rexistro dos participantes. Un diñeiro que cada ano vai destinado a unha causa solidaria ou a apoiar o labor social dunha asociación. Desta volta, a beneficiaria será Adega, o colectivo de defensa ambiental máis activo e con maior implantación de Galicia, dedicado a promover un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentable e socialmente xusto que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre estados diferentes.

Ademais das cinco categorías júnior, sénior e máster (3), cadetes (nados nos anos 2010 e 2011) e infantís (2012 e 2013) compartirán saída ás 11.45 e 1.500 metros de carreira, os alevíns (anos 2014 e 2015) botarán a correr ás 12 cun quilómetro por diante, os benxamíns (2016 e 2017) ás 12.15 coa mesma distancia cos alevíns, os pitufos (2018 e 2019) ás 12.30 con 450 metros, e os biberóns (nados no 2020 e posteriores) ás 12.40 con 150 metros de percorrido.

Correr nas categorías cadete e inferiores é de balde. Con todo, os pais e titores dos rapaces teñen a posibilidade de sacarse un dorsal solidario personalizado por 6 euros en www.emesports.e mesmo elevar, como os futuros participantes nas probas de 4 e de 8 quilómetros ou calquera particular, a contía que se lle doará a Adega aumentando o prezo da súa inscrición no momento de formalizala.

Haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría, trofeos para os tres mellores das clasificacións dos 4 e dos 8 quilómetros, para a persoa de maior idade que consiga rematar a proba polos seus propios medios e ao primeiro cesureño e cesureña nos 4 e nos 8 quilómetros. A nivel de clubs, repartiránse 300, 200 e 100 euros para os mellores, sendo obrigado que oito dos seus atletas logren cruzar a meta.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.