O Concello de Pontecesures homenaxea a Alba Buján.
Alba Buján Miguéns e a súa cadela Valquiria foron recoñecidas polo seu 5º posto no Mundial de Canicross ICF celebrado en Bardonecchia (Italia). Na súa primeira competición internacional, destacaron na categoría CaniCross Junior, superando un duro percorrido de 4 km con 120 m de desnivel positivo, competindo contra 21 deportistas de toda Europa.
Durante o acto, celebrado no Salón de Plenos, a alcaldesa Maite Tocino destacou o seu mérito: “Esforzo, sacrificio e compromiso que serven de exemplo para a mocidade e para toda a sociedade”. O concelleiro de Deportes, Alberto Rivas, tamén subliñou a importancia de dar visibilidade aos deportes minoritarios como o Canicross.
Promover o respecto, a colaboración e o vínculo coa natureza son valores fundamentais que esta disciplina representa. Alba e Valquiria son un orgullo para o Concello Pontecesures e un exemplo de superación para todos.
Parabéns, campioas!
Concello de Pontecesures
0 comentarios