Clara Pino pon a voz para ‘As trobadoras silenciadas’ hoxe en Valga.

Publicado por Redacción o

Clara Pino pon a voz para 'As trobadoras silenciadas' hoxe en Valga
Cartel do evento.

Clara Pino presenta está tardiña, no Auditorio de Valga, o seu segundo poemario, ‘As trobadoras silenciadas’.

Nel, a autora viguesa fai un percorrido íntimo por aqueles oficios desempeñados, tradicionalmente, por mulleres, que foron o piar de Galicia.

Muiñeiras, redeiras, labregas ou leiteiras cobran vida na “xustiza poética”, que busca o recoñecemento para as duras tarefas que se daban por feito e, sobre todo, para esas trobadoras que abriron o camiño da igualdade, todavía hoxe bifurcado. 

Clara Pino é licenciada en Filoloxía Hispánica, estudos que compaxinou coa súa formación musical nos Conservatorios Superiores do seu Vigo natal. A estrea de ‘As trobadoras silenciadas’ foi no estudo Aldea Global, de Bamio. Hoxe, ás 20:15 horas, chega ao Auditorio de Valga.

Diario de Arousa


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.