O Concello de Pontecesures tamén impulsa a concentración e rafting contra Altri e a mina de Touro na defensa do río Ulla.

Publicado por Redacción en

Será o vindeiro 4 de maio, impulsada por varias organización e colectivos. O punto de encontro é o Campo da Insua.

raftin.

O vindeiro 4 de maio haberá unha nova concentración contra o proxecto de Altri para Palas de Rei (A Ulloa) e a reapertura da mina de Touro. Desta volta será en Padrón (O Sar) e non se limitará a unha simple concentración. Vén da man dunha baixa de rafting polas aulas do Ulla, o río que pode sufrir os efectos e consecuencias da instalación da pasteira.

O punto de encontro é o Campo da Insua, en Padrón, ás 9.30 horas. Alá dará inicio o rafting e as persoas interesadas deberán inscribirse previamente. Sobre as 13.30 horas está prevista a chegada das balsas participantes nesta iniciativa ao mesmo punto. Procederase á leitura do manifesto e unha concentración en rexeitamento ao proxecto da multinacional lusa e á reapertura da min

Esta actividade está impulsada pola Plataforma en defensa da ría de Arousa (PDRA), Ulloa Viva, a plataforma Mina Touro-O Pino non, Adega, Greenpeace, Baixo Ulla Vivo, Ecoloxistas en Acción e tamén fan parte os concellos de Padrón e Pontecesures, así como Caiac Extremo Galiza.

O río Ulla é un dos espazos naturais que se verían afectados por esta gran fábrica, deseñada para producir até 400.000 toneladas de celulosa solúbel e 200.000 de lyocell, ademais doutros subprodutos, como biomasa e xeso. Verterá ao río até 30 millóns de litros de augas residuais contaminadas cada día. O megaproxecto (denominado proxecto Gama) ameaza directamente a exigua Rede Natura 2000 galega

Tamén afectarían a esas augas a mina de Touro-O Pino, advirten colectivos e veciñanza, cos riscos e perigo que iso implica, non só para o río, senón tamén para o lugar onde vai dar: a ría de Arousa.

nósdiario


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.