O Ministerio de Cultura inicia unha colaboración coa Fundación Rosalía.

Este ano aporta 50.000 euros para arrancar o proxecto de mellora do CER
A Casa de Rosalía recibiu onte unha «visita histórica», tal e como a cualificou o presidente da fundación padronesa, Anxo Angueira. O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, estivo pola tarde no inmoble de A Matanza para manifestar a vontade do seu ministerio e do Goberno de España «de trabajar juntos», en alusión a la fundación, e de apostar pola labor que esta fai e pola memoria de Rosalía, segundo asegurou.
O ministro recorreu a casa acompañado polo presidente e parte de la directiva da fundación, ademais do conselleiro de Cultura, do delegado do Goberno e da subdelegada na provincia de A Coruña e do alcalde de Padrón. Ernest Urtsaun anunciou una «colaboración permanente» coa fundación, para recoñecer a «figura de una mujer pionera y clave» da literatura galega, pero tamén española, dixo. Esa colaboración comeza coa achega este ano de 50.000 euros para o deseño do proxecto de rehabilitación do deteriorado Centro de Estudos Rosalianos (CER), motivo polo que hai uns meses recibiu en Madrid a Anxo Angueira.
Este mostrouse exultante por contar coa colaboración do Ministerio de Cultura, unha vez que a fundación conta co apoio económico da Xunta, Deputación e Concello de Padrón.
Angueira tirou de datos para lembrar que a figura de Rosalía de Castro «merece o apoio de todos» e para explicar que urxe a rehabilitación do edificio do CER, para gañar espazo expositivo pero tamén para actividades pedagóxicas con escolares (cada ano pasan máis de 7.000 pola casa) e mesmo administrativas, dixo. O presidente da entidade sinalou que a escritora «é a figura central da cultura galega, pero tamén é fundamental na española» e que ten «unha proxección universal que cada vez ten máis forza». Así, contou que o 50 % dos visitantes que ten a casa son estranxeiros, polo que falou de que a visita de onte debe de sela primeira pedra para que o Goberno español, ao igual que o fai o galego, «considere a Rosalía como unha figura propia».
Las Voz de Galicia
0 comentarios