O exalcalde Vidal Seage lembra ao finado Alonso Montero.

Hoxe marchou Xesús Alonso Montero, mais queda connosco unha maneira mellor de mirar Galiza. Foi mestre, intelectual e militante da palabra; puxo luz onde outros preferían silencio, defendeu a lingua cando non estaba de moda e ensinounos que cultura e compromiso político poden ir da man con elegancia e humildade.
Gardo con especial agarimo aquela homenaxe no 2016 a Raimundo García Dominguez “Borobó” na sua casa natal na rúa Portarraxoi , un dos meus primeiros actos como alcalde, na que puiden sentir de preto a súa humanidade e a súa lucidez. Aquel día aprendín que a memoria non é só lembranza, senón unha forma de responsabilidade co país que queremos deixar.
Hoxe despedímolo con mágoa, pero tamén con gratitude fonda por todo o que fixo por nós. Que a terra lle sexa leve, D. Xesús, e que nunca deixemos de estar á altura da dignidade coa que ti defendiches Galiza.
Juan Manuel Vidal Seage
0 comentarios