Presentación do libro de Fernando Cabeza na Biblioteca de Pontecesures.

Este venres 27 de marzo, a Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures acolle a presentación do libro «Defuntos e Santos Inocentes», de Fernando Cabeza Quiles.
⚠️ Atención: o horario cambiou! A presentación será ás 20:00 horas (o cartel orixinal indicaba 20:30, pero finalmente adiantouse ás 20:00).
O libro reúne 63 relatos con compoñente autobiográfica que transcorren polos lugares da infancia do autor, entre eles o propio Pontecesures. Unhas historias cargadas de ironía e humor, pero tamén de certa acidez, que nos achegan á memoria e á vida do concello.
O acto contará coas participacións de Santiago Pazo, sociólogo, e Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior. Unha boa oportunidade para coñecer de primeira man esta obra e desfrutar dunha velada literaria en Pontecesures.
Fontes: Faro de Vigo
2 comentarios