Semana Santa 2026 en Pontecesures.

Pontecesures xa ten listo o programa da Semana Santa 2026, coas tradicionais celebracións que se desenvolverán ao longo destes días na parroquia do concello.
Domingo de Ramos
Ás 10:15 h. terán lugar a procesión e bendición no atrio da igrexa.
Xoves Santo
A xornada comeza ás 10:30 h. coa celebración penitencial. Pola tarde, ás 19:30 h., celébrase a cea do Señor, e ás 22:00 h. a hora santa.
Venres Santo
O día grande das procesións. Ás 10:30 h. saen tres procesións dende A Plazuela: a do Nazareno, a da Virxe das Dores e a Cruz dos Mozos. Ás 12:00 h., tamén na Plazuela, terá lugar o Sermón do Encontro, a cargo do Rvdo. D. Xosé Bermúdez Abuín, delegado episcopal de vocacións. Pola tarde, ás 19:30 h., celébrase a Paixón do Señor.
Sábado Santo
Pechará a Semana Santa a solemne vixilia pascual ás 21:00 h.
Toda a programación reúnese no cartel imaxe, onde se poden consultar os horarios detallados de cada actuación.
0 comentarios