Máis alcoholemias positivas, condutores sen carné e vehículos sen papeis en Vilagarcía

Publicado por Plumilla o

A Policía Local de Vilagarcía de Arousa continúa atopando case a diario, con automovilistas que circulan bajo os efectos do alcohol, sen documentación ou en vehículos que tampouco están en réxime.

Os controis realizados polos axentes municipais volveron dar os seus froitos onte, cando interceptaron un vehículo conducido por un veciño de Caldas, de 47 anos de idade, ao que tiveron que denunciar por un delito contra a seguridade vial.

O condutor foi denunciado porque conducía a pesar de que o seu permiso de circulación xa non está vixente, dado que o perdeu por infraccións anteriores. E se non fora dabondo, o coche no que circulaba carece de seguro obrigatorio e non pasou a Inspección Técnica de Vehículos (ITV), de aí que foi inmediatamente inmovilizado polos axentes.

Xa de madrugada, a Policía Local de Vilagarcía atropou un par de casos graves en canto a seguridade vial, achacables a dous condutores que conducían baixo unha taxa de alcohol tan importante que pode ser considerada como delito penal.

Cando a taxa de alcohol é superior a 0,60 mg/l en aire espirado ou 1,2 g/l en sangue, o que pode implicar penas de 3 a 6 meses de prisión, multa de 6 a 12 meses ou traballos comunitarios (31-90 días), ademais da retirada do carné de conducir entre un e catro anos.

Estes dous condutores «ebrios» foron sorprendidos no centro da cidade, máis concretamente nas rúas Rodrigo de Mendoza e Elpidio Villaverde.

Fonte: Faro de Vigo

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.