O piragüismo local non falla no II Selectivo Nacional

Publicado por Plumilla o

O equipo nacional de piragüismo xa coñece aos palistas que conformarán as embarcacións dobdes despois da disputa do II Selectivo Nacional de Sprint Olímpico, celebrado durante a mañá deste xoves no embalse de Pontillón do Castro, en Verducido.

Unha cita que volveu ter un gran acento pontevedrés polos resultados obtidos polos palistas locais, que conseguiron os billetes para as Copas do Mundo de Szeged e Brandemburgo, competicións nas que se confeccionará o equipo que acudirá ao Campionato de Europa e ao do Mundo.

A primeira pontevedresa en lograr o billete foi Claudia Couto. A palista que agora defende os cores do Kayak Tudense competiu xunto con María Corbera, a exparella de Antía Jácome, quen debido ás novas normas dos selectivos (non se permiten embarcacións en que ambas palistas remen polo mesmo lado) decidiu apostar polo barco individual.

A dupla da pontevedresa e a madrileña conseguiu un dos billetes en xogo ao cruzar a liña de meta en segunda posición, cun tempo de 1:58,63, detrás do barco formado por María dels Angels Moreno e Viktoriia Yarchevska (1:55,84). A última posición foi para a dupla formada por Elena Gómez Millán e Ana Cantero (2:01,58).

En C2 500 masculino tamén houbo presenza e billete para palistas locais. O pontevedrés Adrián Sieiro, xunto co madrileño Daniel Grijalba, cruzaron a liña de meta en segunda posición cunha marca de 1:40,37, conseguindo unha clasificación que tamén logrou o vilanovés Manuel Fontán xunto con Diego Domínguez (1:39,54).

Non correu a mesma sorte Martín Jácome, quen xunto con Cayetano García de la Borbolla, finalizaron a regata en terceira posición (1:41,99).

Os tres pontevedreses -Claudia Couto, Adrián Sieiro e Carolina García- finalizaron en segunda posición, mentres que o vilanovés Manuel Fontán levou o triunfo en C2.

En K2, a tamén pontevedresa Carolina García, que agora defende os cores do Fluvial de Lugo, cruzou xunto con Nerea García a liña de meta en segunda posición cun tempo de (1:43,54). O primeiro lugar foi para Miriam Vega e Laia Pelachs.

No masculino, Adrián del Río e o cangués Rodrigo Germade conseguiron a vitoria cun tempo de 1:29,70. A segunda posición foi para Enrique Adán e Carlos García (1:30,13).

Xa para a xornada de venres quedan as probas de fondo sobre 5.000 metros con portelos, citas nas que ademais das prazas internacionais, ponse en xogo un calendario completo das Copas do Mundo para os gañadores.

O pontevedrés Jaime Duro, que parte como favorito tralo título de campión de España, buscará a vitoria no C1 sénior masculino, onde competirá con Noel Domínguez e Manuel Garrido, mentres que na parcela feminina xogaran o triunfo Nerea Novo (Náutico Pontecesures) e María Martín.

Na modalidade de kayak, Estefanía Fernández, Begoña Lazkano, Miriam Vega e Eva Barrias serán as protagonistas da regata feminina e Alberto Plaza, Brais Sánchez, Javier Sánchez, Adrián Martín, Javier López, Pedro Vázquez, Diego Fernández, Antonio Palmas (CP Vilaboa), Carlos Pérez, Izan Aliaga e Miguel Lloréns o harán na masculina.

Fonte: Diario de Pontevedra

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.