Pleno para o Náutico O Muíno no selectivo de embarcacións de equipo

Publicado por Plumilla o

Os dous integrantes do Náutico O Muíno de Ribadumia, Manuel Fontán e Adrián Sieiro, estarán nas copas do mundo de Szeged e Brandemburgo despois de finalizar en primeira e segunda posición cos seus compañeiros Diego Domínguez (Fluvial de Lugo) e Daniel Grijalba (Piragüismo Aranjuez) respectivamente.

As dúas embarcacións fixeron bosos os pronósticos practicamente desde o momento da saída, co barco de Sieiro e Grijalba encabezando a proba. Pouco a pouco, Fontán e Domínguez conseguiron impoñer o seu ritmo e as dúas embarcacións plantáronse na meta con bastante diferenza das súas outras dúas competidoras, entre as que tamén se atopaba unha con integrante arousano, a que formaba Pedro Trorado, do As Torres Romaría Vikinga de Catoira, con Pablo Graña, do Náutico Rodeira.

Fontán e Domínguez cruzaron a liña de chegada cun tempo de 1:39,54, 80 centésimas menos que Grijalba e Sieiro.

A frota arousana busca aínda máis billetes internacionais no 5.000 con portelos e na categoría sub-23. Esta mesma tarde decídese o nome do representante do C-1 1.000 masculino na que a final estará o cesureño Manuel Roque Araúxo (Náutico de Pontecesures), mentres que Jairo Zurita (As Torres) e Carlos Picón (Náutico O Muíno de Ribadumia) disputarán a Final B ao non superar as semifinais.

Mañá venserá o do 5.000 con portelos, onde participará a canoísta valguesa do Náutico Pontecesures Nerea Novo, e das probas do 500 sub-23. Novo tamén participará no C-1, unha proba na que tamén estarán presentes Lara Remigio (Náutico O Muíno de Ribadumia) e a tamén grovense Valeria Oliveira (Piragüismo Poio). Na canoa masculina estarán presentes Picón, Zurita e Torrado, aos que se suma Raúl Fernández. Por último, no K-1 500 feminino estará a isleña do Fluvial de Lugo, Lucía Torrado.

A maiores, durante o fin de semana celebrarase a I Copa de España na que haberá unha ampla representación arousana. En Verducido haverá máis de 600 deportistas de toda España, destacando a presenza dos clubs galegos, xa que participarán un total de 25 con 415 embarcacións.

Fonte: Faro de Vigo

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.