Beatriz Conde, churrera: “Me crié facendo churros na feira e non quero que isto se perda”

Publicado por Plumilla o

Beatriz Conde, churrera: “Me crié facendo churros na feira e non quero que isto se perda”

Aos seus 26 anos, Beatriz Conde (Pontecesures) representa a sexta xeración da saga de Churrería Marisú. Entre feiras, madrugadas e clientes fieis, esta moza de Pontecesures fala da súa historia familiar e como está mantendo viva unha tradición que lle veu dos seus bisavós.

Sexta xeración de churros. Como comeza esta tradición familiar?

Toda a familia da miña nai son churros. Xa os meus bisavós –e en teoría outros antepasados– comezaron, pero de quen teño claro é dos meus bisavós. Nesa época non había tantas máquinas como agora e facían a masa en casa. Tiñan preparada unha cociña grande, facían a masa alí e levában en táboas, porque dunha máquina saían seis tiras de churros, córtanas e facíanos na feira. Era todo moi diferente a agora.

E como foi o seu propio inicio no oficio?

Empecé porque a miña familia é xove. De pequena non tiña con quen quedar e criéime na feira. Empecé así. ía dar voltas, estaba coa miña nai, aprendía… O gracioso é que cando era pequena facíame ilusión e sempre quise atender á xente. Falaban con eles e perdía a vergoña. E subíame a unha bombona para chegar á bandexa e falar cos clientes.

Segue sendo hoxe un negocio familiar?

Trabalzámos case todos. O meu avoe faleceu hai uns anos, pero deixou todo o que xa tiña montado. Está a miúa avoa, os meus tíos, os meus pais… Todos case están dedicándose ao 100% aos churros, pero os meus pais teñen outros traballos. A miña nai trabaja no hospital e o meu pai nunha fábrica. E paralelamente, o fin de semana, atenden os churros. Cada un ten o seu negocio, aínda que todos levan o de Churrería Marisú, pero cada un é autónomo e independente. Cada un ten as súas feiras, pero temos unha zona asignada. Quitando aos meus pais, o resto da familia traballa todos os días. Cada día teñen un mercado diferente, unha zona diferente e vanse rotando.

Como é un día habitual de traballo?

Por norma xeral, hai días que tes que levantarte ás cinco. Eu normalmente, como traballo en zonas próximas, algo máis tarde. Suele cargar e preparar todo o día antes, de noite, para que co calor non se estraguen os produtos. Despois arrancamos para a feira, chegamos, montamos con calma e facemos os produtos pouco a pouco, porque todo se fai no día para que estea fresco. E nada, traballar e esperar a que a xente vaia.

Cando son as tempadas máis fortes?

Diría que as tempadas máis intensas, aínda que pareza mentira, son verán e Nadal. Despois, no día a día, si que te mantés.

Que fai especiais aos churros de Marisú?

Realmente non sabería dicche que fai especial a uns churros, pero é curioso porque cada churro ten unha man diferente. Aínda que usemos os mesmos ingredientes, non saben igual. Iso é como cando a túa avoa che fai a empanada e nunca che vai saír igual. Os meus churros, polo xeral –iso din– saben ben. Eu digo abertamente, aínda que estea feo dicilo. Pero, por exemplo, nunca me sairá como os do meu avoa, que para min son os mellores. A miúa nai tamén os fai moi ben. Entón creo que cada un ten unha man. E iso é o que fai diferente a un churrero.

É viable innovar no mundo do churro?

Fago churros normais, de chocolate, de chocolate branco, recheos de Nutella… un pouco de variedade. Si probei os de fresa; os de pistacho non, pero en breve vou comezar a probar porque están tendo bastante éxito. Pero non é algo que me chame moito a atención, porque xa teño: traballei con diferentes produtos e a xente aquí en Galicia non é moita de innovar. Teñen unha vez, ou cando xente de vacacións, o turista. Pero despois a xente de casa é moi de costumes.

Tene futuro este oficio?

Creo que nunca vai desaparecer. Si que vai evolucionar moito máis. Antes facíanse en casa, despois pasaron a máquinas de aceiro, agora comezan as automáticas… porque ao final é un traballo moi duro fisicamente. Tes lesións musculares, estás todos os días cargando peso: montar o posto, bombonas, garrafas… e iso implica dor de costas e demais. Entón, innovacións como as amasadoras eléctricas axilizan moito o proceso. E ao final avanzas.

Veuse continuando co legado familiar?

Non sei se me veo collendo o relevo. Agora mesmo si, porque a miña nai deume moitas feiras. pero creo que comezou todo como unha forma de supervivencia. É moi difícil encontrar empregados, porque teñen que comezar de cero e é complicado. Non sei se vou quedar, pero o que si sei é que nunca vou desprenderme do todo.

Fonte: Diario de Pontevedra

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.